Nas Verzas » Poucas veces nesta cidade pasan cousas como a que vai pasar esta fin de semana»

Nas Verzas » Poucas veces nesta cidade pasan cousas como a que vai pasar esta fin de semana»

Por Sergio Llauger 

Si el martes os hablábamos del Melona Fest en Compostela, hoy en el FritangaZine os traemos el festival «Nas Verzas» de 85C que se dará lugar el 22 y 23 de marzo en Irmandiños.

¿Qué es 85C?

85C é un colectivo en forma de asociación sen ánimo de lucro, que traballa irmandando mulleres artistas de distintos sectores culturais e localidades coa intención de facer medrar a situación artístico/cultural emerxente. Ata actualidade céntrase en Vigo, pero ten  intención de chegar a outros lugares de Galicia e peninsulares. O obxectivo fundamental é crear conciencia da falta de presenza de mulleres nos festivais, concertos, exposicións, teatros e na escena laboral e pública. Mostramos así novas referentes que saian de estereotipos e que sirvan para as seguintes xeracións

.¿Cuál es el propósito de 85C?

O propósito é unificar ás mulleres galegas no fin de colaborar como grupo e reivindicarse en colectivo. Máis fortes unidas, mostramos a calidade artística das artistas da comunidade, incentivamos a arte emerxente e xuvenil feminino, buscamos encontros faladoiros, invadimos as rúas…Cremos na arte como medio de reivindicación feminista e como arma de revolta. Mamá, queremos difundir artistas!

¿Qué es Nas Verzas?

Nas Verzas é un festival que fai referencia ao rural galego e o mundo máis underground do garaxe e punk, en forma de concertos de bandas nacionais e internacionais como son S.E.R.P.I.E.N.T.E desde Bilbao, Decibélicas desde Braga (Portugal) e Cheap Lipstick que é a banda local. Unha forma de dar valor á nosa terra, ás nosas sabias e ancestras a través da música punk, considerando todo o que representa este xénero.

¿Por qué un festival de punk?

Este é o segundo ano que facemos este festival centrándonos no punk. Cremos que é unha cultura que vai en contra do establecido, do sistema. O punk tende a mandar mensaxes de reivindicación e de liberación da imposición social marcada. Unha actitude contracultural e que ten referentes feministas na súa música, como son as X-Ray Spex, Bikini Kill, Vulpes ou The Slits. O punk foi esencial na escena cultural feminista, naceron mulleres empoderadas que estaban moi lonxe dos típicos estereotipos feministas dos que se lucraba o pop, por exemplo. Reivindicaban nas súas letras a liberación sexual, a presenza libre nas rúas… e todas por fin podemos gritar de vez en cando que «nos gusta ser unas zorras». Como case tódolos estilos musicais, este tamén está liderado por homes, tanto no escenario coma no público: pogos con pouca presenza femenina. Reivindicamos unha nova mirada a este xénero e un novo análise

.¿Por qué «Máis duras que os cañotos das verduras»?

O noso lema «máis duras cós cañotos das verduras» fai lembranza ás nosas avoas, esas bravas que loitan cada día na súa casa, no campo, coa súa familia, elas que sufriron a opresión e aínda así, son as nosas referentes en empoderamento e forza. Son o «underground» da esfera familiar, coas que a maioría medramos e que nos ensina a capacidade do noso corpo para a loita.

¿Qué bandas vamos a ver en esta edición?

Como xa mencionamos enriba, as bandas que imos acoller esta fin de semana no barrio de Irmandiños van ser Cheap Lipstick e Serpiente o venres na Sala Doppler a partir das 22.30h e Decibélicas o sábado na Sala Kominsky, tamén a partir das 22.30h.Unha rematados os concertos haberá cada día unha sesión Dj para ir ben quentiñas á cama. O venres será Seilaesencia a encargada de facernos quecer o corpo, e Lakenobaila + amigas deleitarannos o sábado con ritmos do garaxe, rock, punk e electrónicos. A tarde do sábado tamén está ben cargada, cun mercadiño de artistas de diferentes eidos, como é o deseño, ilustración, o fanzine e a artesanía. Ás 17h teremos unha mesa redonda coas bandas do festival máis unha invitada, Heroínas, referentes da cultura punk rock de Galicia, onde debatirán a figura da muller dentro do punk e todo o que queda por sachar nesta eira. Remataremos a tarde cuns obradoiros moi entretidos para toda a familia. Poderemos zuscarlle ao lixo, renovando todo o que atopamos na rúa en forma de materiais decorativos para a nosa instalación que xa estará montada. Por último contaremos cun obradoiro de malabares con Malas Llamas, colectivo de artistas circenses que farán unha demostración do seu espectáculo pola noite ás 21.30

¿En que va a consistir la instalación que se va a hacer en la calle Irmandiños este fin de semana?

A instalación que temos preparada para eses días vai consistir en materiais reciclados do lixo e todo o que temos por casa que non ten máis uso que o de estar colgado na rúa coma parte do mobiliario urbano. Levamos varios meses recollendo material da rúa para devolvelo a ela en forma de arte, grazas a tódalas máns voluntarias que quixeron colaborar.

Esta acción é unha chamada de atención ao noso consumo excesivo e á capacidade de xenerar lixo coa nosa inconscencia. Á vez, unha reivindicación a facer a rúa nosa, a quen lle pertence, á xente dos barrios.Todo isto transformouse en arte e cores, que adornarán a rúa de Irmandiños ata o cruce con Martín Códax. Non imos falar máis, xa que tedes que descubrilo vós!

¿Cuánta gente está trabajando en este festival y de qué manera?A equipa implicada nesta edición de Nas Verzas é maior que a do ano pasado, xa que nesta ocasión contamos con tres arquitectas, encargadas de elaborar toda a instalación da rúa, varias artistas plásticas e artesanas encargadas da parte do mercadiño, músicos que levaron o apartado das bandas, persoal de audiovisuais, encargadas de filmar e capturar todo durante o festival, unha cociñeira que alimentará a todo o voluntariado e artistas, e por último, toda a xente que foi axudando esporádicamente coa elaboración de materiais para a instalación. 

¿Qué le diríais a nuestros lectores?

Non temos moito máis que dicir do que xa spameamos durante todo este mes! Poucas veces nesta cidade pasan cousas como a que vai pasar esta fin de semana, polo que aconsellamos non vola perdades, vai ser unha bomba artística.

Tags: , , , , , , ,